Obradoiro de literatura. Lugares de novela: Irlanda

/
Coordinación Javier Pintor

[ATENCIÓN: actividade cancelada ata novo aviso]

A fecunda relación entre literatura e territorio inspira este obradoiro literario que terá a Irlanda como eixo sobre o que se artellarán as obras e autores lidos. As raíces celtas están presentes en moitos dos costumes dun país que conserva unha forte identidade nacional. Debido á emigración a gran escala que se deu no país, a cultura irlandesa ten un alcance global e algunhas das súas festividades celébranse por todo o mundo.

Aínda que Irlanda é un país pequeno que conta cunha poboación non demasiado numerosa, a súa literatura sempre gozou dun merecido prestixio cultural que se manifesta na gran contribución das súas letras á literatura mundial en todas a súas ramas. Autors como James Joyce, Oscar Wilde, Bram Stoker, Jonathan Swift, Frank McCourt ou Samuel Beckett forman parte dun canon literario que trascendeu o espazo da coñecida como Illa Esmeralda. Ademais, catro escritores irlandeses obtiveron o Premio Nobel de Literatura.

Na actualidade atopámonos cunha nova xeración de escritores percorrendo as rúas de Dublín que non se asemella aos seus predecesores e que se caracteriza pola súa diversidade de propostas e pola necesidade que teñen de romper con todo tipo de silencios e asumir riscos para describir unha Irlanda poscrise.

Escollín dez obras da literatura irlandesa que nos permitirán coñecer mellor as letras deste país e achegarnos á historia enigmática deste recuncho noroccidental de Europa tinguido de verde.

Javier Pintor

Folla_inscricion.pdf