Obradoiro de literatura. Literatura española nos oitenta A década prodixiosa

/
Coordinación Javier Pintor

O intento de golpe de Estado do 23 de febreiro sinala o comezo dunha década que finalizará en 1992 cos Xogos Olímpicos de Barcelona e a Expo de Sevilla, unha etapa que se caracterizou por un ambiente de axitación social e política de gran intensidade que non ten comparación con ningún outro período da historia recente de España. Foron uns anos marcados polo optimismo e o estímulo creativo representados pola Movida madrileña e o deseño moderno e imaxinativo dunha Barcelona cosmopolita.

A xeración literaria desta época é a responsable da revolución narrativa e estilística que se produciu nos primeiros anos da Transición en España, un proceso que non se entendería sen as lecturas que estes autores realizan doutros escritores provenientes do Reino Unido, Francia, Italia e Estados Unidos, así como dos pertencentes ao boom latino-americano.

Autores como Eduardo Mendoza, Antonio Muñoz Molina, Javier Marías, Luis Mateo Díez, Soledad Puértolas, Almudena Grandes, José María Merino, Rosa Montero, Luis Landero, Julio Llamazares e un longo etcétera publicaron os seus primeiros textos nos comezos da Transición. Estes escritores beberon tanto do experimentalismo como do realismo social. Este escenario de ruptura co pasado e de busca de novas formas de expresión será o que definirá as lecturas que comentaremos durante o obradoiro.

Javier Pintor

Descargar_ficha_inscrición.pdf

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Como ler unha película
Un obradoiro de cine coordinado por María Donapetry
/
Actividade
De aquí á eternidade. Libros inmortais escritos por mulleres
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Escribir un relato
Obradoiro de escritura
/
Actividade