Obradoiro de literatura. De aquí á eternidade Os libros inmortais II

/
Coordinación Javier Pintor

A lectura reiterada e devota de determinados libros ao longo da historia chegou a convertelos en clásicos da literatura. A admiración que os lectores de diferentes xeracións senten por estas obras situáronas no canon supremo por encima da súa lingua, época e nación. Nestas obras sempre se pode atopar algo estimulante, orixinal e exemplar, xa que conservan a súa vixencia independentemente do momento no que foron escritas.

Este canon variou co tempo, xa que cada época ten os seus clásicos, e incorpora os das súas xeracións próximas. Estes textos foron avalados pola crítica, pero tamén polos lectores. Á marxe da selección hai outra que resulta máis persoal e moi subxectiva, que é a que fai cada individuo. Son os que cada persoa selecciona con paixón como “os seus clásicos”, aqueles que considera compañeiros inseparables. A lista de libros seleccionada para este obradoiro responde a este criterio. Estes libros son os meus clásicos, aqueles que contribuíron á miña formación intelectual e estética e cuxa lectura supúxome un inmenso pracer. Ler estes textos achegaranos á gran literatura e con ela poderemos entender mellor o mundo e a nós mesmos tentando así aunar emoción, coñecemento e diversión.

Javier Pintor

Descargar ficha de inscripción: Obradoiro_ClásicosII