Obradoiro: A que sabe Luis Seoane [SUSPENDIDO] Un ensaio arte – ciencia sobre Sensorialidades Aplicadas

Dirección Fran Quiroga, TasteLab

Visitar un museo non deixa indiferente ao espectador, supón un sobresalto da súa cotidianeidade, muda a súa percepción física e altera os marcos senstivos. Sensorialidades aplicadas, un ensaio arte-ciencia é unha investigación sobre as percepcións sensoriais que trae a experiencia de sentir unha obra de arte. A pregunta que guía a investigación é que implica para o espectador visitar unha obra de arte.

Combinando os saberes que traen as ferramentas da atención profunda e da neuroloxía desentrañarase a apertura de sensibilidades que supón adentrarse nunha obra de arte, en concreto a través das pezas de Luis Seoane incluídas na exposición Modernidades Diverxentes. Seoane, Ver y Estimar. Á vez que se aspira a coñecer esa apertura de sensibilidades, traballarase no Eros observacional, como xeito de amplificar a relación perceptiva que se da cando se chega a habitar unha obra de arte. Co obxectivo de abrir a investigación á cidadanía terá lugar o obradoiro A que sabe Luis Seoane o 22 de xaneiro (en dúas quendas de 10 a 12 e 12 a 14) co que se explorará de xeito conxunto o estudo da percepción sensorial dunha obra de arte.

Sensorialidades aplicadas, un ensaio arte-ciencia é un proxecto dirixido por Fran Quiroga, comisario e investigador de TasteLab, unha spin off da Universidade Santiago de Compsotela, experta en análise sensorial. O proxecto conta cunha Axuda da Xunta de Galicia para o fomento de actividades de creación-produción das Artes Plásticas e Visuais.

A inscrición ao seminario é gratuíta. As prazas son limitadas (10 participantes por quenda), para asistir é necesario enviar un email ao correo info@fundacionlulisseoane.gal. A data límite para inscribirse ao obradoiro é o 18 de xaneiro.

Actividades actuais

Información COVID-19
/
Actividade
Somos o que lemos
Ciclo de literatura contemporánea
/
Actividade