O escritor escribe. Obradoiro de escritura

/

Como xurde a historia dun relato? De onde extrae o escritor a materia das súas ficcións? Cal é o mellor xeito de comezar unha narración, cal pode ser o final máis axeitado? O presente obradoiro, coordinado por Fernando Ontañón, responderá a estas e a outras cuestións relacionadas coa creación literaria, unha actividade concibida para que os participantes perdan o medo á escritura e sometan as súas propostas á opinión dos seus compañeiros, co obxectivo de mellorar os seus textos e compartir o seu interese común pola literatura, nunha actividade que tomará ademais como referencia as obras de destacados autores que ofrecerán algunhas chaves sobre o oficio de escribir.

O obradoiro terá lugar en mércores alternos, do 30 de xaneiro ao 27 de marzo. Para participar é preciso formalizar a inscrición correspondente a través do enlace seguinte:

Folla_inscrición.pdf

Fernando Ontañón é escritor.

En 2010 publicou Relatos invisibles (Ed. Carena), «Estamos ante un autor capaz de encandear coas pequenas historias, case ocultas, do acontecer diario» Rodri García, La Voz de Galicia.

En 2014, a súa novela El periodista despedido (Ed. Ézaro) acadou o X Premio de Novela Corta Dulce Chacón.

En 2016 publicou El orden invisible de las cosas (Ed. Ézaro), «Ontañón non fai senón seguir ascendendo en complexidade para entregarnos unha obra intrigante, ambiciosa e madura», Ignacio Sanz, La tormenta en un vaso.

En 2019 verá a luz a súa próxima novela. É colaborador habitual de La Opinión A Coruña e participa con asiduidade en presentacións de libros e otros eventos relacionados co mundo da literatura.

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Literatura e memoria
Obradoiro de escritura
/
Actividade