O diálogo literario Obradoiro de escritura

/
Coordinación Fernando Ontañón

Os diálogos son unha ferramenta fundamental na escritura literaria. Neste obradoiro imos explorar as súas diferentes formas e practicar como e cando utilizalos en función do estilo, o ritmo e a intención dos nosos textos. Pero tamén imos indagar nese outro diálogo que se establece en calquer relato entre a persoa que escribe e a que le, sen esquecernos do que cada escritor mantén consigo mesmo, coa súa obra e coa literatura. Como é ese gran diálogo que cada un de nós constrúe cos libros ao longo da súa vida? Para axudarnos a contestar a esta pregunta, leremos Ex libris. Confesiones de una lectora, de Anne Fadiman.

Fernando Ontañón

Para descargar o formulario de inscrición, prema aquí

Actividades actuais

Compaxinadas
Ciclo de literatura
/
Actividade