O amor e as relacións afectivas a través das obras de autores como Vladimir Nabokov, Ian McEwan o Lydia Davis, entre outros, protagonizan O corazón é unha novela, un obradoiro de literatura dirixido polo profesor Javier Pintor, que ao longo de doce sesións abordará dez títulos de ficción que narran complexas experiencias afectivas difíciles de exteriorizar, pero das que xurdiron historias realmente conmovedoras.
Fonte de inspiración para moitos escritores ao longo da historia e motivo constante tanto da creación literaria como doutras manfestacións artísticas e culturais, a temática amorosa e afectiva aparece desde a antigüidade en infinidade de textos, e a súa presenza esténdese ata as obras literarias máis contemporáneas. Como motivo literario adquire múltiples variantes que gardan estreita relación co contexto histórico, social e cultural no que se insire unha obra. Os escritores debuxaron o imaxinario amoroso nas súas diferentes expresión desde ángulos e perspectivas moi diversas. A literatura reflectiu toda esta gama de aspectos e dimensións da interioridade que se desatan e flúen a influxos do sentimento amoroso.
A través da selección de obras realizada por Javier Pintor, os participantes coñecerán as diferentes formas de achegarse a un tema universal por parte dunha serie de autores modernos e contemporáneos, así como a súa capacidade á hora de diseccionar as relacións humanas e analizar a súa complexidade dentro das sociedades contemporáneas.
Para asistir a esta actividade, é preciso formalizar unha matrícula descargable a través do link seguinte:
Os obradoiros dividiránse en dúas quendas cun límite de vinte participantes cada unha. A presentación do obradoiro terá lugar o 30 de xaneiro coa conferencia Lolita, un clásico moderno a cargo de Francisco Rodríguez Coloma.