John Irving, na súa marabillosa novela O mundo según Garp, escribe: “Unha novela só é un almacén de todas as cousas importantes que un novelista non é capaz de empregar na vida” Que cousas son estas? Como podemos convertelas en material literario? Neste obradoiro imos aprender a mirarnos desde fóra, a converternos en narradores das nosas propias experiencias, inquietudes, anhelos, frustracións… e intentar comprender que a ficción está en nós mesmos.
Repasaremos as técnicas básicas da escritura creativa: o narrador, a construción de escenas, o debuxo de personaxes, os diálogos e, sobre todo, escribiremos e compartiremos os nosos textos cos nosos compañeiros plumíferos, que diría Rafael Reig.
Fernando Ontañón