NEXOS. O son e a palabra

NEXOS é un ciclo de diálogos musicais ao redor das confluencias entre a música e a arte contemporáneas dirixido e coordinado polo compositor Hugo Gómez-Chao e a Asociación Cultural Aïs. O sábado 7 de decembro, ás 20:00 horas, a Fundación Luis Seoane acollerá a primeira sesión do ciclo, que contará coa participación dos poetas Carlos Catena Cózar, Alba Cid, Claudia González Caparrós e Yolanda Castaño, encargada esta última de moderar o encontro. A parte musical estará protagonizada por tres estreas absolutas de obras dos compositores Federico Mosquera Martínez, Xesús Xosé Iglesias González e Hugo Gómez-Chao Porta, interpretadas polo violinista Florian Vlashi, a violonchelista Ruslana Prokopenko e a soprano Clara Jelihovschi Panas. A entrada é libre ata completar capacidade.

Actividades actuais

Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade