MODULARTEC 3º Encontro de Síntese Modular da Coruña

A Fundación Luis Seoane será unha vez máis una das sedes que acollerán a programación de MODULARTEC, o Encontró de Síntese Modular da Coruña, un formato concibido para difundir o traballo de artistas que traballan na vangarda musical mesturando o uso de sintetizadores modulares con instrumentos de percusión, de corda ou electrónicos, como por exemplo o theremín, que precisamente cumpre este ano cen anos da súa creación.

As actividades da terceira edición de MODULARTEC dividiranse en dúas sesións que se celebrarán os días 2 e 3 de outubro na sala Maremagnum do Aquarium Finisterrae e no patio da Fundación Luis Seoane respectivamente, na que intervirá en primeiro lugar o compositor, etnomusicólogo e percussionista Carlos Suárez, quen dará paso á experimentación electroacústica de Lina Bautista e os sintetizadores e instrumentos analóxicos de Juan Manuel Cidrón. O son cinemático e as paisaxes sonoras de Death Whistle, o proxecto do compositor Víctor García, pecharán a terceira edición do encontro.

A programación completa desta nova edición de MODULARTEC, así como a información acerca de horarios e condicións de acceso pode descargarse aquí:

MODULARTEC_3