Modulartec 6º encontro de síntese modular da Coruña

Modulartec é un encontro cultural de creación sonora que se celebra na Coruña desde 2018 no que se programan concertos, conferencias, obradoiros e presentacións relacionados coa música creada mediante a síntese modular.

Na súa sexta edición, Modulartec ofrecerá de novo unha programación na que estarán presentes imporantes artistas internacionais, pioneiros da escena nacional, novos valores e artistas locais. Como novidade, este ano o encontro amplíase a tres días -5, 6 e 7 de setembro-, e desenvolverase en seis espazos diferentes: a Fundación Luís Seoane, a Domus, o CGAI, a Casa das Ciencias, a igrexa das Capuchinas e a Orde Terceira de San Francisco.

O sábado 7 de setembro, a Fundación Luis Seoane acollerá as actuacións de Ëgg, Espinoza Espinoza, Poupées Électriques e Ideograma. O programa completo da sexta edición de Modulartec pode descargarse aquí: ProgramaModulartec23G

Máis información: www.modulartec.gal

Actividades actuais

Amantes, musas, modelos
Picasso e as súas mulleres
/
Actividade
Somos o que lemos
/
Actividade
Lugares de novela. Stefan Zweig
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Dende as marxes. Sobre a necesidade da crítica
Diálogos de arquitectura
/
Actividade