MODULARTEC 5º Encontro de Síntese Modular da Coruña

/

Un ano máis, a Fundación Luis Seoane será unha das sedes das sedes que acollerán a programación de MODULARTEC, o Encontro de Síntese Modular da Coruña, que desde 2018 reúne a destacadas figuras nacionais e internacionais do eido da música electrónica elaborada con sintetizadores.

Ivankovà, o proxecto en solitario da artista Irene de la Cueva, inaugurará a programación do encontro o 30 de setembro, ás 21:00 horas, na Capela de San Amaro. Ao día seguinte, sábado 1 de outubro, a Igresa das Capuchinas acollerá ás 18:00 horas un concerto a cargo do musicólogo e músico de electrónica experimental José Luis Maire, quen dará paso ás 19:00 horas aos músicos Suso Saiz e André Gonçalves, que, tras desenvolver conxuntamente unha residencia artística no 2021, se uniron temporalmente para dar forma a unha proposta na que comparten gustos e estéticas musicais.

A programación de MODULARTEC trasladarase ese mesmo día ao patio da Fundación Luis Seoane, onde o arquitecto, artista e músico Iñigo Medina Murua, coñecido como M4, abrirá ás 21:00 horas as intervencións neste espazo. Tras él, ás 22:00 horas, actuará o músico, compositor e videoartista berlinés Frank Bretschneider, e ás 23:00 horas, o compositor e artista sonoro Álex Silva será o encargado de pechar a edición deste ano do encontro.

+ info: modulartec.gal

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Lugares de novela. Paul Auster
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Tempo de escritura
Obradoiro de escritura
/
Actividade