Mercè Rodoreda (Barcelona, 1908-1983) e Montserrat Roig (Barcelona 1946-1991) ocupan un lugar destacado na literatura catalana da segunda metade do século XX. Nos últimos anos reeditáronse varias das súas obras e organizáronse exposicións sobre a súa traxectoria que as situaron nun primeiro plano da actualidade literaria. Unidas por unha admiración mutua ambas compartiron unha sensibilidade fonda sobre a memoria, a posguerra e a condición feminina. A obra de Mercè Rodoreda abrangue todos os xéneros literarios cun estilo poético cargado de simbolismo; e Montserrat Roig, destacada antifascista e defensora dos dereitos da muller, foi unha das voces máis comprometidas das letras contemporáneas do noso país. Este obradoiro quere renderlle homenaxe a dúas das escritoras máis significativas da nosa literatura.
Javier Pintor
Para descargar o formulario, prema aquí