Menos é máis Obradoiro de escritura

/
Coordinación Fernando Ontañón

Escribir ben non significa alumear textos complexos, crear estruturas narrativas rebuscadas ou compracerse en innecesarias exhibicións léxicas. Moitas veces, a verdadeira dificultade da escritura consiste en plasmar a complexidade da vida a través de palabras sinxelas e certeiras, de historias próximas e diálogos veraces e reveladores. Neste obradoiro imos tratar de depurar a nosa escritura na busca dun estilo limpo e claro á vez que fondamente literario. A autora norteamericana Elisabeth Strout será a nosa guía. Leremos a súa novela “Ay, William” e trataremos de analizar as chaves da súa brillante escritura para perfeccionar a nosa.

Fernando Ontañón

Para descargar o formulario, prema aquí

Actividades actuais

Compaxinadas
Ciclo de literatura
/
Actividade
Mercè Rodoreda / Montserrat Roig
Dúas escritoras desafiantes
/
Actividade
Cine indie
/
Actividade
Menos é máis
Obradoiro de escritura
/
Actividade