Lugares de novela. Stefan Zweig Obradoiro de literatura

/
Coordinación Javier Pintor

A literatura convídanos a desprazarnos e visitar outros espazos: a Grecia de Sófocles, a Praga de Kafka, a Lisboa de Pessoa, o París de Camus e Sartre, o Tokio de Murakami, a Budapest de Sandor Marai ou a Viena de Stefan Zweig. Precisamente, o autor austríaco protagoniza esta nova edición do obradoiro Lugares de novela.

Stefan Zweig deixou unha fonda pegada na nosa cultura, desde a publicación en 1929 de Tres maestros (Balzac, Dickens, Dostoievski) ata a edición en 2002 de El mundo de ayer, que reavivou o interese polo autor.

Zweig viviu a época de máximo esplendor do Imperio Austrohúngaro, un imperio multiétnico no que se falaban distintas linguas e se tiñan como valores centrais o pluralismo e a protección das minorías. A súa capital, Viena, foi un núcleo de creatividade artística e cultural durante a segunda metade do século XIX e comezos do XX. Considerado un intelectual de primeira orde na súa época, o escritor vienés relacionouse con grandes figuras como Rilke, Joseph Roth, Thomas Mann, H. G. Wells, Herman Hesse ou Tagore. Deixou constancia da súa erudición e do seu amor pola palabra escrita na súa inxente obra, próxima ao centenar de volumes, e contou con miles de lectores fieis. Foi tamén un dos grandes escritores viaxeiros do pasado século, unha faceta paralela ás de biógrafo, novelista, dramaturgo, xornalista, ensaista ou libretista de ópera.

Parafraseando a Antonio Muñoz Molina, a obra de Zweig está cada vez máis presente grazas á forza simbólica dunha literatura que tén que ver coa ruína dos seus ideais e o seu destino no exílio: uns ideais que agora se nos volveron moito máis cercanos.

[Aviso: as prazas para asistir á quenda do xoves están esgotadas]

Descargar ficha de inscrición: ObradoiroLugaresZweig.pdf

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Lugares de novela. Stefan Zweig
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Dende as marxes. Sobre a necesidade da crítica
Diálogos de arquitectura
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade