A relación entre literatura e territorio inspira este obradoiro que terá a Portugal como eixo. As letras portuguesas gozan dun prestixio que se asenta en figuras como Pessoa ou José Saramago, auténticos clásicos modernos. Pero estes autores son só unha parte dunha literatura rica e diversa que se caracteriza polas súas formas expresivas tan renovadoras e polos seus discursos íntimos e persoais que non esquecen a problemática social. Esta variedade temática e formal débese a que os autores escriben sen complexos, con gran dominio da técnica e buscando o insólito e o xenuíno nas súas creacións. A lectura dos libros seleccionados permitiranos achegarnos a unha literatura moi plural que segue abrindo novos camiños.
Javier Pintor
Para descargar o formulário de inscrición, premer aquí