Autor fundamental da literatura norteamericana do século XX, Paul Auster é un dos escritores máis admirados e seguidos por varias xeracións de lectores. A súa produción percorre todos os xéneros, desde a poesía ao ensaio, as memorias, a novela e os guións cinematográficos. Nova York é un personaxe fundamental na súa obra, co barrio de Brooklyn como protagonista de varias das súas historias, que nos achegan a vitalidade e diversidade desta cidade coa que Auster se mimetiza. O sentido da vida, a amizade, o amor, a soidade, o azar, os xogos metaliterarios e as referencias ás obras mestras da literatura están tamén moi presentes no seu traballo. Neste obradoiro achegarémonos á obra dun autor considerado xa como un clásico da literatura universal.
Horario do obradoiro: de 19:30 a 21 horas
Para descargar o formulario de inscrición, prema aquí