A literatura convídanos a desprazarnos a outros lugares: a Praga de Kafka, o Bos Aires de Borges, a Lisboa de Pessoa, o Tokio de Murakami…
A relación entre literatura e territorio inspira este obradoiro que terá a Hungría como eixo. A súa condición prácticamente insular no universo eslavo e xermánico, as vicisitudes da súa historia e as dificultades que formula a súa língua determinaron que, malia a vitalidade do seu mundo intelectual e creativo, a súa literatura sexa bastante descoñecida no noso país, á marxe de autores como Sandor Marai ou Magda Szabo.
Nas obras que abordaremos neste obradoiro atoparemos ecos dos desordes políticos vividos nesta nación durante os séculos XIX e XX, e do réxime totalitario que impregnou a vida da poboación húngara durante décadas. Isto non impide que temas como a infancia, o amor, o paso do tempo ou a memoria estean moi presentes nestes textos.
As historias destas obras permitirannos afondar na maneira de pensar e sentir dunha cultura tan rica e diversa como a húngara.
Javier Pintor