Lugares de novela: Grecia

/

A literatura convídanos a desplazarnos a outros lugares: a Praga de Kafka, o Bos Aires de Borges, a Lisboa de Pessoa, o Tokio de Murakami… Nesta ocasión, Grecia será o eixo sobre o que se articulará este obradoiro de literatura. Poucas tradicións literarias foron tan influíntes como a da Grecia antiga, aínda presente no centro da cultura occidental.

Adóitase afirmar que a literatura grega comeza con Homero no s. VIII a.c., elevándose desde a tradición oral ata as obras de Sófocles, Aristófanes, Platón, Aristóteles, Heródoto e Tucídides.

O século XX trouxo aires de renovación para a literatura helena, transformándose ao calor da modernización sociocultural e dos acontecementos históricos, que terán o seu reflexo en obras que a miúdo tinguiranse de tons tráxicos e de pesimismo, tenrura e hiperrealismo na mesma proporción, dando lugar a unha produción literaria cosmopolita, reveladora e vigorosa.

As historias que atopamos na obra de moitos autores gregos recollen estas circunstancias. O obradoiro permitiranos analizar autores de distintas xeracións e examinar as representacións que fan da súa contorna.

Javier Pintor

Ficha_inscrición.pdf

Actividades actuais

Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade