Lugares de novela: Cuba

/
Coordinación Javier Pintor

A literatura convídanos a desprazarnos a outros lugares: a Praga de Kafka, o Bos Aires de Borges, a Lisboa de Pessoa, o Tokio de Murakami…

A relación entre literatura e territorio inspira este obradoiro que terá a Cuba como eixo, un país que concede unha enorme importancia á cultura e ás artes, un auténtico crisol de etnias, razas, culturas e orixes. A literatura cubana é unha das máis prolíficas, relevantes e influíntes de América Latina.

A narrativa en Cuba caracterízase polo variado das súas propostas, nas que conviven os clásicos coas xeracións máis novas que tamén queren protagonizar a súa historia, extraíndo dos seus antecesores a savia que eles sementaron.

Estas obras permitirannos afondar na maneira de pensar e sentir dunha cultura tan rica e diversa como a cubana. A literatura é un reflexo fiel da xente dese país, e iso verómolo nas lecturas que comentaremos ao longo deste obradoiro.

Javier Pintor

Folla_inscrición.pdf

Actividades actuais

Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade