Lugares de novela: Brasil Obradoiro de literatura

/
Coordinación Javier Pintor

A fecunda relación entre literatura e territorio inspira este obradoiro que terá a Brasil como eixo. Brasil posúe unha rica mistura de culturas, razas, costumes e tradicións. A súa historia baseáse en absorber influencias culturais e xerar as súas propias creacións intensas e singulares. Algúns autores brasileiros son xa clásicos e a súa obra influiu en toda a literatura da súa contorna.

A cultura brasileira estivo guiada pola oposición entre unha tradición nacional, ás veces nacionalista, e outra cosmopolita, o que se traduciu en dous universos literarios, o rural e o urbano, este último hexemónico a partir de mediados do século XX.

Desta maneira, podemos observar unha literatura que nos autores clásicos está dominada polo compromiso coa indagación e a creación dunha identidade nacional, e outra que xurde entre os nacidos despois dos anos 70, moi afastada do rexionalismo e do costumismo dos seus antecesores, moi de moda tras a independencia do país.

As historias que nos atopamos na obra de moitos autores brasileiros son o reflexo dunha literatura diversa, poderosa e vibrante. Achegarémonos a estas distintas tendencias para visitar a obra dunha xeración destacada de escritores que exploran territorios artísticos insólitos.

Javier Pintor

Ficha_inscrición.pdf

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Lugares de novela. Paul Auster
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Tempo de escritura
Obradoiro de escritura
/
Actividade