Moitos escritores cultivaron este xénero antes de lanzarse a escribir novelas, algúns deles compaxinaron ambos durante longo tempo e mesmo hai quen brillou dedicándose case exclusivamente á escritura de relatos, como é o caso de Alice Munro, Lucía Berlín ou Raymond Carver. No obradoiro imos explorar as posibilidades deste xénero e escribir o noso propio texto e compartilo cos compañeiros. As chaves váinolas ofrecer, nesta ocasión, un dos grandes das letras norteamericanas contemporáneas: Jeffrey Eugenides, no seu libro Denuncia inmediata (Anagrama, 2018). Repasaremos, por suposto, as principais técnicas narrativas, pero, por riba de todo, trataremos de imbuírnos do espírito literario que debe guiar a escritura, as lecturas e a vida dos que aman este oficio.
Fernando Ontañón
Descargar ficha de inscrición: Literatura_do_Relato