Liñas de fuga: historia, estética e política da arte [prazas esgotadas] Un seminario de lecturas en formato presencial conducido por Marcelo Expósito

/
Dirección Marcelo Expósito

Liñas de fuga é un seminario de lecturas dirixido polo artista e crítico cultural Marcelo Expósito que percorre os debates xurdidos durante o último século ao redor da historia, a estética e a política da arte en relación cos avatares sociais e políticos do seu tempo. Desde un punto de vista cronolóxico, o seminario comeza coa irrupción dos debates acerca da práctica da arte e a cultura na Europa de entreguerras e a partir de aí, pon o acento en como a crítica, a teoría e a historiografía da arte recibiron aportacións do marxismo, a psicoanálise, a socioloxía e a historia social, o estruturalismo e o posestruturalismo, o posdernismo crítico e o feminismo. Trátase un seminario ‘de lecturas’ porque consistirá na lectura e discusión dun corpus de escritos significativo das ‘liñas de fuga’ trazadas polas heterodoxias no eido das prácticas e das ideas artísticas ao longo dos últimos cen anos.

Liñas de fuga é un seminario nómada que varía dependendo dos contextos nos que se leva a cabo. Ata agora, realizouse presencialmente no Museu d’Art Contemporani de Barcelona (MACBA) e na Facultat de Belles Arts da Universitat Politècnica de València (UPV), e en formato virtual para a Academia La Central (Barcelona). Durante o seu desenvolvemento na Fundación Luis Seoane, afondarase en elementos vinculados coa obra de Luis Seoane, como as relacións entre arte e política ou as tensións entre a herdanza da modernidade, as vangardas históricas e o punto de inflexión moderno.

A inscrición ao seminario é gratuíta. As prazas son limitadas, para asistir é necesario cumplimentar o formulario correspondente descargable a través do seguinte enlace:

Formulario_inscricion.pdf

 

Actividades actuais

Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade