Laboratorio Reinicio

/

No ano 2020, a Fundación Luis Seoane poñía en marcha Laboratorio Reinicio, unha actividade online especialmente enfocada a colectivos migrantes inspirada polas iniciativas de Luis Seoane para difundir a cultura galega no exilio. A actividade estruturouse inicialmente nunha serie de sesións online nas que os participantes levaban a cabo os seus traballos ao redor de conceptos como a memoria, a identidade ou o arquivo coa axuda dunha serie de convidados. Posteriormente, o formato mesturaría os formatos online e presencial, dando lugar en xaneiro de este ano a unha exposición na Fundación Luis Seoane das pezas realizadas entre creadores e asistentes á actividade.

Nesta ocasión, Laboratorio Reinicio artella unha proposta que se estrutura en tres ámbitos: o autorretrato ritual, a decolonización doméstica e os afectos domésticos dos migrantes. As sesións da actividade desenvolveranse todos os mércores de 17 a 18:30 horas en formato online desde o 1 de xuño ata o 26 de outubro, e contará ademais cunha sesión de traballo con artistas convidados unha vez ao mes. Para participar, é necesario enviar un correo ao enderezo info@fundacionluisseoane.gal, indicando datos persoais de contacto.

+ información: LR_2022

 

Actividades actuais

Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade