Laboratorio Expedición II Conversas na rede da Fundación Luis Seoane

/
Coordinación Jorge Blasco, Silvia Longueira

A segunda edición de Laboratorio Expedición, o espazo audiovisual de debate da Fundación Luis Seoane ao redor da cultura contemporánea, consta de catro novas entregas nas que unha vez máis convidouse a unha serie artistas e axentes culturais a establecer un diálogo acerca de cuestións relativas ao tempo, a memoria, a viaxe ou o coñecemento.

Carolina Núñez Roca, editora xefe e directora creativa da publicación Brit Es Magazine; Claudia Caparrós, poeta e confundadora do espazo de pensamento crítico Espai Crisi; María Castellanos Vicente, artista e investigadora; xunto con Aitana Tubío e Xesús Caballero, fundadores e responsables da escola de fotografía editorial e galería independente BANCO editorial, protagonizan os seguintes vídeos desta proposta coordinada por Jorge Blasco e Silvia Longueira.

LaboratorioExpedicion_Bios

Actividades actuais

Laboratorio Expedición I
Conversas na rede da Fundación Luis Seoane
/
Actividade
Laboratorio Expedición II
Conversas na rede da Fundación Luis Seoane
/
Actividade
Laboratorio Reinicio
/
Actividade