Laboratorio Expedición I Conversas na rede da Fundación Luis Seoane

/
Coordinación Jorge Blasco, Silvia Longueira

O tempo, a memoria, a viaxe e o coñecemento protagonizan a primeira edición de Laboratorio Expedición. Conversas na rede da Fundación Luis Seoane, un formato audiovisual dividido en cinco capítulos nos que se establecerá un diálogo cunha serie de docentes, investigadores e colectivos co obxectivo de crear un espazo de debate acerca das novas posibilidades, usos e construcións da cultura contemporánea.

O profesor de Educación Artística José María Mesías Lema, a investigadora e produtora cultural María Bella, a Xefa do Centro de Coñecemento e Investigación do Museu Picasso de Barcelona Silvia Domènech, a escritora e profesora de Literatura Comparada Patricia Almarcegui e o colectivo Patio de Butacas participarán ao longo de cinco sesións diferentes nesta nova proposta. As intervencións finalizarán cunha referencia a Luis Seoane, na que cada convidado escollerá unha obra do artista galego.

LaboratorioExpedición_Bios.pdf

 

Actividades actuais

Información COVID-19
/
Actividade
Ciudades en evolución
Encuentros dialógicos con la vida no reglada
/
Actividade
Somos o que lemos
Ciclo de literatura contemporánea
/
Actividade