Intersección

/
Dirección Gonzalo E. Veloso

INTERSECCIÓN é unha proposta que pretende xerar un espazo de visualización de obras de arte audiovisual contemporánea elaboradas por artistas-cineastas á marxe da industria cinematográfica tradicional, que manexan tanto códigos estéticos como procesos de creación completamente transgresores. Tamén é un punto de encontro, un espazo de pensamento actual para producir coñecemento e sinerxias entre artistas e investigadoras, comisarias, críticas, programadoras, institucións e todos aqueles involucrados, así como o público en xeral. Este último poderá coñecer cada proposta dun xeito sinxelo e accesible, grazas á presenza das autoras e outras profesionais, coas que poderán comentar as pezas, realizar preguntas e solucionar calquera tipo de dúbida ou inquietude durante os amplos coloquios previstos.

INTERSECCIÓN propón unha programación de absoluta vangarda formada por obras invisibles que xamais chegan a canles de exhibición populares, senón que tan só se amosan en encontros internacionais específicos como a Documenta de Kassel ou a Mostra de Venecia, museos como o MoMA, o Pompidou ou a Tate Modern, festivais como a Berlinale, o IFF Rotterdam, ou o FID Marseille, así como galerías e outros centros de arte.

Programa_INTERSECCIÓN

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Dende as marxes. Sobre a necesidade da crítica
Diálogos de arquitectura
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela. Noruega
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Literatura e memoria
Obradoiro de escritura
/
Actividade