INTERSECCIÓN 2022

/

A crise ecolóxica actual e as conexións entre o ser humano e o seu ecosistema son os temas principais da programación da quinta edición de INTERSECCIÓN Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo.

Por primeira vez, o festival celebrarase en diferentes sedes da cidade, mantendo unha parte importante das súas actividdades na Fundación Luis Seoane, que acollerá unha mesa redonda, unha presentación e as seccións infantil, Escolas, Galicia e LAB.

Mesa redonda
Como incorporar as artes visuais nas programacións culturais
A creación audiovisual mantén un ritmo de crecemento que non se ve reflectido nas programacións culturais públicas. O obxectivo desta mesa coordinada pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural e Intersección é da a coñecer aos profesionais a actualidade e evolución do sector, así como as experiencias de éxito no eido galego.

Presentación do Manual Boas Prácticas na Xestión Cultural das Artes Visuais
O propósito deste manuel é facilitar a posta en marcha de programas e proxectos vinculados ás artes visuais no contexto galego, unha ferramenta útil para o desenvolvemento dunha xestión cultural transparente.

Sección infantil. Un espazo para os públicos do futuro
Nesta seccion proxectarase o programa de animación Young Animations, que inclúe traballos presentados por novos de menos de 19 anos no marco do festival de media art Ars Electronica de Linz (Austria), así como unha selección de películas que se presentaron na categoría de animación por ordenador ao Prix Ars Electronica 2021.

Exposicións de Escolas / Exposicións Galicia
Exposiciones de Escolas amosará obras en competición realizadas por estudantes a nivel nacional, unha sección comisariada polo colectivo Arte.Facto da Universidad de Vigo.
A actualidade da creación en Galicia recóllese en dous formatos diferentes: expositivo e monocanal, nunha sección que crece co obxectivo de ampliar rexistros e proporcionar unha maior cobertura aos artistas participantes.

LAB [actividade pechada]
BASE, 1to1, CORTE FINAL e RESIDENCIAS son as catro actividades que conforman INTERSECCIÓN LAB, un espazo de apoio á creación, desenvolvemento de proxectos e formación e inserción de autores españoles no circuito profesionai internacional.

+ información en la web de INTERSECCIÓN: interseccion.gal

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Relatos con voz propia
Obradoiro de escritura
/
Actividade