INTERSECCIÓN. Festival de Arte Audiovisual Contemporánea

/
Dirección Gonzalo E. Veloso

Entre o 24 e o 27 de outubro, a Fundación Luis Seoane acollerá a segunda edición de INTERSECCIÓN Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo, un espazo dirixido por Gonzalo E. Veloso que busca dar visibilidade a obras elaboradas por artistas locais, nacionais e internacionais que se sitúan á marxe da industria cinematográfica tradicional e que manexan códigos estéticos e procesos de creación innovadores. Este ano, os tres focos internacionais do festival estarán protagonizados polo cineasta e antropólogo norteamericano J.P Sniadecki, pola directora portuguesa Salomé Lamas e pola artista multidisciplinar vallisoletana Dora García. Ademais da proxección dos seus traballos, todos eles impartirán unha masterclass.

Na sección Galicia do certame, proxectaránse 13 pezas audiovisuais das que 9 son estreas internacionais, ofrecendo unha mostra da produción actual galega a través da obra dunha serie de artistas destacados a nivel internacional, como Carla Andrade, Félix Fernández, Alberte Pagán, Carme Nogueira ou Vázquez/Arrieta. A programación do festival contará tamén coas performances sonoras de Artur M. Puga e de Xoansinho DJ, a presentación de dous libros a cargo de Sara Donoso e Salomé Lamas, unha mesa colectiva e un obradoiro didáctico infantil impartido por Félix Fernández.

A información completa da programación do festival está dispoñible a través do enlace seguinte: interseccion.art

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Literatura e memoria
Obradoiro de escritura
/
Actividade