INPUT

/

INPUT, o espazo de titorización e asesoramento de proxectos cinematográficos en desenvolvemento xurdido da colaboración entre a Fundación Luis Seoane e o (S8) celebra unha nova edición na que, unha vez máis, tres autoras terán acceso durante dous días a tres profesionais de prestixio internacional do ámbito do cine e da arte, cos que poderán levar a cabo os seus proxectos, desde o estado de escritura ata o seu desenvolvemento e distribución.

O obxectivo destas xornadas é impulsar a profesionalización de novos creadores potenciando a formación, vertebración e creación de redes dentro do sector cultural do noso país. Este ano, as obras seleccionadas para participar en INPUT son Mala herba (Lucía Vilela), Possible Film (Luis Lechosa) e Homing Instinct. Un retrato de Tom Joslin (Miguel Rodríguez Pérez).

A xornalista e programadora Mariana Hristova (FIPRESCI), xunto con Chiara Marañón, directora de contidos da plataforma online MUBI; e Pablo Useros, director e coordinador de MasterLav, asesorarán aos directores destes proxectos co obxectivo de facer crecer as súas películas.

As xornadas, que serán gratuitas e de acceso libre ata completar capacidade, poderán seguirse tamén por streaming.

+ info: s8cinema.com

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Lugares de novela. Stefan Zweig
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Dende as marxes. Sobre a necesidade da crítica
Diálogos de arquitectura
/
Actividade
Literatura e pensamento
Obradoiro de escritura
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade