INPUT 2018

/
Coordinación Gonzalo E. Veloso

INPUT é un espazo de titorización de proxectos cinematográficos en desenvolvemento que xurde da colaboración entre a Fundación Luis Seoane e o (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, mediante o que 3 autoras terán acceso a 3 profesionais de prestixio internacional do ámbito do cinema e da arte, cos que poderán discutir acerca dos seus proxectos, dende o estado de escritura e desenvolvemento ata o de distribución.

A finalidade deste programa é apoiar proxectos audiovisuais de calidade, dando a oportunidade ás autoras de repensar o seu proceso creativo, mellorar a obra, localizar fontes de financiamento e lograr a distribución máis acaída das pezas.

Dende o 6 ata o 27 de abril estará aberto o prazo de envío de proxectos, que será totalmente gratuíto, para o que debes enviar a seguinte documentación (en castelán e inglés) ao correo electrónico input@s8cinema.com:

• Sinopse: máx. 1 páxina

• Descrición do proxecto: máx. 3 páxinas

• Teaser (se ten): máx. 3 minutos

• 2 fotogramas ou imaxes relacionadas co proxecto (se ten)

• Bio da solicitante con ligazón á súa web (se ten): máx. 1 páxina

• 1 fotografía da solicitante

• Email e teléfono de contacto

O día 3 de maio faránse públicos os 3 proxectos seleccionados que participarán en INPUT 2018.

As titorías terán lugar na Fundación Luís Seoane da Coruña o 31 de maio e o 1 de xuño no contexto do (S8) 9ª Mostra Internacional de Cinema Periférico.

Para máis información, podes descargar as bases na siguiente ligazón: BasesGAL.pdf

Calquera dúbida será atendida en input@s8cinema.com.

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Lugares de novela. Paul Auster
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Tempo de escritura
Obradoiro de escritura
/
Actividade