Información COVID-19

/

Como consecuencia da emerxencia sanitaria producida pola COVID-19, a Fundación Luis Seoane estableceu as seguintes medidas para garantir a seguridade de visitantes, colaboradores e persoal:

NORMAS XERAIS
1. Para acceder ás instalacións da Fundación Luis Seoane é obligatorio o uso de máscara, así como a aplicación da solución hixienizante nas zonas dispostas a tal efecto.
2. É obrigatorio manter en todo momento a distancia de seguridade co persoal do centro.
3. Unha vez no recinto, os vistantes deberán respectar en todo momento a distancia de seguridade sinalada nas salas de exposicións.
4. Para acceder ás salas do primeiro andar, é imprescindible respectar a sinalización correspondente.
5. A adquisición das publicacións da Fundación Luis Seoane pode realizarse a través desta páxina web ou consultar a súa disponibilidade ao persoal de recepción.
6. Elimínase o acceso ao público aos aseos de todo o recinto.
7. O uso dos ascensores restrínsexe a unha persoa por viaxe, agás no caso de persoas dependentes e menores de 12 anos.

NORMAS DAS ACTIVIDADES
1. A hixienización dos espazos da Fundación Luis Seoane cedidos temporalmente para o desenvolvemento de actividades estará a cargo dos responsables destas.
2. A capacidade máxima das actividades será establecida polo persoal da Fundación Luis Seoane, debendo ser respectadas as súas indicacións en todo momento.
3. Os responsables das actividades e os usuarios que participen nestas deberán respectar, ao igual que o resto de visitantes, as normas recollidas na sección anterior.

Desde a Fundación Luis Seoane agradecémoslles a súa colaboración, e lembrámoslles que o noso persoal está á súa disposición para informarlles ou aclararlles calquera dúbida que lles poida xurdir durante a súa visita.

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Como ler unha película
Un obradoiro de cine coordinado por María Donapetry
/
Actividade
De aquí á eternidade. Libros inmortais escritos por mulleres
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Escribir un relato
Obradoiro de escritura
/
Actividade