Coincidindo coa celebración da Semana Internacional da Educación Artística da UNESCO, en xuño de 2018 tivo lugar o I Congreso Internacional Educación Artística Participativa, Sensibilidade e Transformación Social, un evento no que interviñeron ponentes de distintos territorios e ámbitos museísticos, artísticos e educativos. A segunda edición do congreso, que se desenvolverá na Fundación Luis Seoane os días 17 e 18 de setembro, xirará ao redor de diferentes eixos temáticos, como a utilización da arte contemporánea como ferramenta par a participación, a transformación e o compromiso social; os procesos creativos na infancia ou o deseño de espazos educativos como xeneradores de inclusión, entre outras cuestións, e contará coa participación de diferentes profesionais de Estados Unidos, Italia e España.
A información completa sobre o II Congreso Internacional de Arte e Educación pode descargarse no pdf seguinte:
Matrículas: