Historias de familia Un espazo de discusión a través da lectura

/

O eido familiar foi fonte de inspiración para moitos escritores ao longo da historia, de maneira que se pode considerar como un tema universal da literatura. Por citar só dous exemplos, dicía León Tolstoi que “todas as familias felices parécense unhas a outras, pero cada familia infeliz o é á súa maneira”, mentres que Philip Roth afirmaba que “todas as familias pasan por moitas cousas. Unha familia é paz e é guerra”.

A RAE define familia como “grupo de persoas emparentadas entre sí ou conxunto de ascendentes, descendentes e afíns dun linaxe”, un concepto que variou ao longo da historia. O que non cambiou foi a súa presenza en múltiples obras que afondan nos elementos e circunstancias que a caracterizan, e que sitúan o seu foco de atención nos conflitos que xurden dentro deste espazo íntimo. Como tema literario, as relacións familiares ofrecen múltiples variantes que gardan estreita relación co contexto histórico e social no que se desenvolven. Neste obradoiro comentaremos unha selección de obras que abordan a súa complexidade, nas que os seus autores remítense á nenez e ao fogar como eixos sobre os que xirou a súa existencia. Os lazos convulsos que tecen as familias arman a trama destas grandes novelas.

Javier Pintor

Descargar ficha de inscrición: Obradoiro_literatura.pdf

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Relatos con voz propia
Obradoiro de escritura
/
Actividade