Guía para trasluchar

/
Dirección Santiago Cirugeda
Coordinación Fermín Blanco

Con motivo da celebración da exposición usted está aquí. 20 años de Recetas Urbanas na Fundación Luis Seoane, que recolle a actividade levada a cabo polo estudo de arquitectura Recetas Urbanas ao longo de dúas décadas, a Universidade Internacional Menéndez Pelayo, en colaboración coa Fundación, organiza o encontro Guía para trasluchar, que durante tres días reunirá a unha serie de especialistas que establecerán un diálogo a través do que se analizarán desde un punto de vista crítico cuestións relativas á capacidade dos cidadáns para transformar a súa contorna, así como o papel da arquitectura dentro deses procesos de cambio, con especial atención aos proxectos desenvolvidos a partir da colaboración entre colectivos procedentes de diferentes disciplinas. Dirixido polo arquitecto sevillano Santiago Cirugeda, fundador do estudo Recetas Urbanas, o encontro contará coa participación dos arquitectos Carlos Pita e Fermín Blanco, quen ademais é secretario das xornadas; Alice Attout e Ana Asensio, a comisaria de exposicións Elvira Dyangani Ose, a actriz e pedagoga Isabel Risco, a socióloga Carmen Lamela, o humorista El Hematocrítico e a cantautora Ses.

Descargar_programa.pdf

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Lugares de novela. Paul Auster
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Tempo de escritura
Obradoiro de escritura
/
Actividade