Ao longo do 2022 a Fundación Luis Seoane acolleu o Grupo de Estudos Galiza e o Decolonialismo, un programa que tiña como obxectivo abrir un espazo de investigación experimental para afondar en como o decolonialismo afecta aos xeitos de ler Galiza. Nesta nova edición, que comezará en novembro, os obxectos de estudo mudan e serán a transición ecosocial e o desexo. Ademais, súmase a Fundación Entretantos como coorganizadora.
Nesta ocasión, o reto do Grupo de Estudos é desentrañar aqueles desexos que activan as pancas que nos permiten avanzar cara a mundos máis habitables formulando unha serie de preguntas.Que experiencias ecosociais son relevantes e poden ser replicadas? Que outros xeitos de subxectivación política se están creando para non poñer en xogo o futuro? Cales poden ser as pancas para saltar do desexo individual á mobilización colectiva ou se os desexos colectivos xeran axencia cidadá? En definitiva, preténdese xerar colectivamente novos relatos que vaian máis aló do desastre.
O Grupo de Estudos Transición Ecosocial e Desexo procura atender a aqueles outros procesos que contribúen a ampliar o común, a superar visións dicotómicas (natureza vs cultura, ciencia vs espiritualidade,…), que cuestionan a sacralidade do diñeiro, que repensen a escala, ou atenden á proximidade. Debates como o rewilding, a aposta polo relacional, o cuestionamento da norma, a superación da idea do dominio da natureza por parte do ser humano ou a propia conciencia ambiental das persoas máis novas son respostas que propoñen alternativas. Aí hai desexos.
O Grupo de Estudos aspira a convertirse nunha comunidade epistémica que se reunirá unha vez ao mes, combinando relatorias, performances ou conversas, partindo dun afan reflexivo. Ademais das sesións públicas desenvolverase unha acción perfomativa colectiva deseñada polos participantes. Dirixido polo investigador e curador Fran Quiroga e por Nuria Alonso, ambientóloga da Fundación Entretantos, el grupo contará con las intervenciones de las poetas Luz Pichel, Lara Dopazo e Alba Cid, o experto en agroecoloxia e investigador do CSIC Daniel López, ou a profesora da Universidade de León Belén Sola.
COMO PARTICIPAR
O Grupo de Estudos diríxese a todas as persoas interesadas nas interrelacións entre arte e a investigación, a xestión cultural, a transición ecosocial, a crise climática e activistas e persoas vencelladas a movementos sociais ou comprometidas coa transformación social. As sesións de traballo serán unha vez ao mes de xeito habitual e haberá tamén traballo online.
O obxecto desta convocatoria é atopar persoas que formen parte da comunidade epistémica coas que haberá un traballo de reflexión mediante sesions internas e online dende novembro de 2023 ata xullo de 2024, cunha implicación aproximada de 50 horas distribuidas en sete meses.
O Grupo de Estudos estará formado por un número máximo de 12 persoas, previamente seleccionadas por Fran Quiroga e Nuria Alonso e por Silvia Longueira, directora da Fundación Luis Seoane. Para participar, es necesario enviar un email a info@fundacionluisseoane.gal, xuntando unha breve carta dunha extensión non superior a 300 palabras explicando o interese en formar parte desta iniciativa.
A selección determinarase en función de:
● Adecuación coas liñas de traballo do Grupo de Estudos
● Perfís híbridos, búscase unha mistura entre coñecementos teóricos e prácticos
● Incorporación de novas propostas teóricas
A data limite para o envío da proposta de participación é o 8 de novembro.