Grupo de Estudos Galicia e o decolonialismo

/
Dirección Fran Quiroga

O Grupo de Estudos é un programa de investigación que nace co obxectivo de crear una plataforma de reflexión na Fundación Luis Seoane ao redor de diferentes cuestións relacionadas co pensamento contemporáneo. Nesta ocasión, o tema que se abordará é a relación entre decolonialismo e Galicia a través dun enfoque diacrónico co que se analizará o significado das migracións no pasado e a súa proxección no futuro.

O debate contará coa participación de diferentes investigadores como o sociólogo e profesor da Universidade de Berkeley Ramón Grosfoguel, a activista e antropóloga do BAU Centro Universitario de Deseño de Barcelona Mafe Moscoso, a performer Artemisa Semedo, a filóloga e profesora da Universidade de Bangor Helena Miguélez-Carballeira, a ensaista e activista Brigitte Vasallo, a artista Lucía Egaña, a música e investigadora Mercedes Peón, a profesora da UDC Antía Pérez Caramés e o profesor da USC Xosé Manuel Núñez Seixas.

O Grupo de Estudos está dirixido polo investigador Fran Quiroga, responsable de proyectos como Ruraldecolonizado (MUSAC-CGAC), Gabinete de Imaxinación Política (Ayuntamiento de A Coruña), Fiestas Raras (Imagina Madrid, Matadero) e o #salóndoMARCO (MARCO de Vigo). Mediador en Concomitentes, unha iniciativa de arte cidadá ao redor do parque do Pasatempo de Betanzos, é tamén coautor e coeditor das obras Mutaciones en el espacio público (Bartlebooth, 2021) Pensar y Hacer en el Medio Rural. Prácticas culturales en contexto (Ministerio de Cultura e Deporte, 2020), A través das marxes (Bartlebooth, 2018), Revoltando á terra (Bolanda, 2018) e La fiesta, lo raro y el espacio público (Bartlebooth, 2019).

As sesións do Grupo de Estudos serán públicas, e terán lugar no auditorio da Fundación Luis Seoane.

Toda a documentación do proxecto está dispoñible no arquivo web galiciaeodecolonialismo

Para máis información: Grupo_de_Estudos.pdf

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Literatura e memoria
Obradoiro de escritura
/
Actividade