FKM Festival de Cinema Fantástico da Coruña XII Edición

/

O FKM Festival de Cinema Fantástico da Coruña regresa unha vez máis á Fundación Luis Seoane, que por vez primeira acollerá na súa totalidade a programación deste certame especializado nos xéneros fantástico, de terror e ciencia ficción.

O sábado 16 de outubro, ás 20:00 horas, o Concurso Internacional de Curtametraxes Cinema Fetus, dedicado a curtas realizadas en língua galega, abrirá a XII edición do festival. Tras o concurso, o domingo 17 será a quenda da Vídeo-regueifa, un clásico do FKM, híbrido entre show e charla, que nesta ocasión enfrontará as videoplaylists do artista multidisciplinar Sekone e do realizador e guionista David Salgado Marcote.

Prato forte do FKM, o Concurso Internacional de Longametraxes FKM 2021, que se celebrará os días 19, 20 e 31 de outubro, contará con cinco propostas que inclúen dúas estreas en Galicia e unha estrea absoluta. Nesta edición, a novidade vén da man de Docufan, unha sección dedicada a documentais sobre o cine no que se proxectarán catro películas dedicadas ao ilustrador Manuel Sanjulián, ao son no cine de terror, e a dúas estrelas do cine de xénero, os actores Jack Taylor e Helga Liné.

O xoves 21 e o venres 22 de outubro, poderán verse os traballos seleccionados no Concurso Internacional de Curtametraxes FKM 2021. Ademais, este ano o festival completarase con varias sesións de anime, incluída unha para o público infantil, así como unha sesión especial e a Sesión Triple Trash-O-Rama. Por último, o domingo 31 de outubro, ás 22:00 horas, a entrega de premios clausurará oficialmente a XII del FKM Festival de Cinema Fantástico da Coruña.

Os horarios do FKM poden consultarse aquí: FKM_Horario

Para máis información: festivalfkm.gal

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Lugares de novela. Stefan Zweig
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Dende as marxes. Sobre a necesidade da crítica
Diálogos de arquitectura
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade