FFoco Festival de Fotografía da Coruña

/

Concibido como punto de encontro para profesionais e afeccionados á fotografía documental galega, o FFoco Festival de Fotografía da Coruña chega á Fundación Luis Seoane, a súa nova sede, cunha programación protagonizada por máis de 30 creadores que, a través dunha ducia de actividades, achegarán os seus traballos a novos públicos. Proxeccións, exposicións, presentacións, conversas, obradoiros e unha feira editorial especializada en fotolibros galegos e latinoamericanos darán forma á terceira edición do certame, que se desenvolverá os días 15 e 16 de novembro -con actividades expandidas máis aló destas datas centrais- e que cumprirá cun dobre obxectivo: impulsar a creación fotográfica, con especial atención aos autores locais, e construír de maneira conxunta un relato plural e novo sobre Galicia, alonxado de clichés e lugares comúns.

FFoco, Festival de Fotografía da Coruña é unha iniciativa da Asociación Recreativo Cultural Acolá, entidade sen ánimo de lucro, que organiza actividades ao redor da fotografía para dinamizar a vida cultural da cidade. A información completa sobre a programación do festival está dispoñible a través do enlace seguinte: ffocofestival.com

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Como ler unha película
Un obradoiro de cine coordinado por María Donapetry
/
Actividade
De aquí á eternidade. Libros inmortais escritos por mulleres
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Escribir un relato
Obradoiro de escritura
/
Actividade