Entre o 12 e o 20 de outubro, a Fundación Luis Seoane será unha das sedes onde se desenvolverá a XI edición do Festival de Cinema Fantástico da Coruña FKM, cita anual indispensable para os afeccionados ao cine fantástico, de terror e ciencia-ficción. Este ano, no que o certame dedica a súa programación á temática Utopías e distopías, a Fundación acollerá unha vez máis os clásicos Concurso Internacional de Curtametraxes en Galego FETUS e a Vídeo-Regueifa, ademais dunha sesión dobre de cine apocalíptico, un ciclo de proxeccións de animé e a cerimonia oficial de clausura do festival. Toda a actividade do festival pode consultarse no enlace seguinte: festivalfkm.org
PROGRAMA FLS
Sábado 12, 20:00 horas
Concurso Internacional de Curtametraxes en Galego FETUS
Domingo 13
17:00 horas
Masterclass. Lois E. Froiz. Golems, orfos, heroes e avoas: o cine distópico da Europa comunista
19:00 horas
Desmadre apocalíptico. Sesión dobre realizada en colaboración con Trashorama. Proxección das películas Os novos bárbaros (Italia, 1983) de Enzo G. Castellari e Os invasores do abismo (Italia, 1983) de Ruggero Deodato.
Luns 14, 21:00 horas
Vídeo-Regueifa. Lois E. Froiz + Álvaro Dorda
Martes 15, 11:30 horas
Psycho Pass – The Movie (Katsuyuki Motohiro, Naoyoshi Shiotani, 2015) 113’ Xapón. Todos os públicos (1)
Mércores 16, 11:30 horas
Tokyo Ghoul – A película (Sui Ishida, Kentaro Hagiwara, 2017) 119’ Xapón +16 (1)
Xoves 17, 11:30 horas
Mesa cadrada: Utopías e distopías. Dobre conferencia na que participan Xosé Nogueira, doutor en Historia da Arte e profesor de Historia do Cine e Cultura Audiovisual Contemporánea na USC e Fernando Agrasar, doutor en Arquitectura e director da ETSAC.
Venres 18, 11:30 horas
Dragon / Wu Xia (Peter Chan, 2012) 100’ China +18 (1)
Sábado 19, 11:30 horas
Puella Magi Madoka Magica – The Movie Rebellion (Ariyuki Shinbo, 2014) 90’ Xapón +7 (2)
Domingo 20
11:30 horas
Mary e a Flor da Bruxa (Hiromasa Yonebayashi, Mary Stewart, 2017) 102’ Xapón (2)
18:00 horas
Cerimonia de clausura do festival
(1) Sesións matinais Selecta Visión. Todas as películas complementaranse cun debate posterior á súa proxección.
(2) Sesións infantís Selecta Visión. As películas complementaranse cun obradoiro didáctico posterior á súa proxección.