Festival de Cinema Fantástico da Coruña FKM

/
Dirección María Núñez, Tonecho Otero

O Festival de Cinema Fantástico da Coruña FKM celebra este ano o seu décimo aniversario cunha programación centrada no sexo, a provocación e a censura como eixos fundamentais ao redor dos que xiran unha serie de propostas que incluirán proxeccións, mesas redondas, obradoiros, exposicións, masterclasses, concursos, estreas exclusivas, presentacións e as xa clásicas Vídeoregueifa e Zombiewalk, que nesta ocasión estará dedicada ao cineasta coruñés Amando de Ossorio con motivo da celebración do centenario do seu nacemento.

A Fundación Luis Seoane será, unha vez máis, unha das sedes que acollerán as actividades do FKM, como Cinema Fetus, a sección dedicada ás curtametraxes experimentais, que terá lugar o sábado 13 ás 20:00 horas. A esa mesma hora, pero do día seguinte, domingo 14, Jordi Costa falará do seu libro Cómo acabar con la contracultura, nunha presentación de Alita Cómics conducida polo propio autor, ao que acompañará Julián Hernández. Sexy Inferno é o título da Vídeoregueifa deste ano, na que se enfrontarán Edu Fernández e Leandro Barea ás 21:00 horas do luns 15. A programación do FKM na Fundación Luis Seoane reanudaráse o xoves 18, ás 12:00 horas, cunha mesa cadrada que, baixo o título Sexo, Cinema e Arquitectura reunirá aos profesores Xosé Nogueira e Fernando Agrasar, da USC e UDC respectivamente, nun debate moderado por Tonecho Otero, un dos co-directores do festival. Finalmente, o sábado 20, ás 20:00 horas, Luis Sendón, Juanillo Esteban, Manuel Manquiña e Tonecho Otero participarán na presentación do fanzine La matanza Caníbal, á que seguirá, ás 21:15 horas, a mesa cadrada Non imos falar de sexo realizada en colaboración con AGA,  que contará coa intervención de Paco Plaza, Olga Osorio e Andrés Goteira baixo a supervisión de Carlos Ares. Por último, a programación do FKM na Fundación Luis Seoane pecharáse ese mesmo día, ás 22:15 horas, coa festa presentación do fanzine La matanza caníbal.

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Dende as marxes. Sobre a necesidade da crítica
Diálogos de arquitectura
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela. Noruega
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Literatura e memoria
Obradoiro de escritura
/
Actividade