Fernando Jose Pereira: A persistência desobediente. Rui Manuel Vieira: O nudo sen palabras do olvido

A Fundación Luis Seoane, en colaboración coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, acollerá o xoves 9 de maio, ás 18:00 horas, a proxección de A persistência desobediente de Fernando José Pereira e O nudo sen palabras do olvido de Rui Manuel Vieira, dúas películas de 16 e 45 minutos de duración respectivamente centradas en diferentes aspectos da guerrilla antifranquista en Galicia, máis coñecida como maquis.

En A persistência desobediente, Fernando Jose Pereira (Oporto, 1961) evoca a noite anterior á execución de Benigno Andrade, alias Foucellas, unha das figuras máis coñecidas da resistencia á ditatura franquista, cuxa actividade traspasaría as nosas fronteiras. A película afonda no esquecemento forzoso e no silenciamento imposto polos gañadores da Guerra Civil á memoria de personaxes e eventos por partida dobre, no pasado e no presente. Con esta obra, o artista portugués rescata acontecementos do pasado coa fin de empregalos como ferramentas de compresión do presente, no que aínda prevalece unha desmemorización forzosa e consciente. A obra de Fernando Jose Pereira regresa á Fundación Luis Seoane máis de dúas décadas despois de presentar a súa instalación A utopía do exilio na institución. Nesta ocasión, como xa é característico dentro da súa traxectoria, facendo uso da tecnoloxía como plataforma de reflexión acerca dos conceptos de memoria, tempo e temporalidade na arte.

As ideas de memoria e tempo na fotografía e no cine caracterizan a práctica artística de Rui Manuel Vieira (Oporto, 1984), que en The Oblivion’s Wordless Knot (O nudo sen palabras do olvido) reflexiona acerca da instantaneidade e da prevalencia que caracterizan o noso presente, nunha peza na que o artista afonda nas tres dimensións do tempo, así como no esquecemento e na fraxilidade da memoria, utilizando o pasado poder mirar cara adiante. Vieira recupera a actividade do maquis galego como exemplo dos ‘tempos de rebelión’ ou ‘tempos rebeldes’, esforzándose por rescatalos do esquecemento e do silencio ao igual que no caso da película de Fernando Jose Pereira.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Dende as marxes. Sobre a necesidade da crítica
Diálogos de arquitectura
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela. Noruega
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Literatura e memoria
Obradoiro de escritura
/
Actividade