Neste derradeiro obradoiro do ano, propoñémonos abordar a escritura a través da lectura crítica da primeira novela de Mathias Enard, La perfección del tiro, que nos servirá para repasar técnicas e afondar en cuestións de estilo tan importantes como a voz e o ton narrativos. Falaremos do oficio de escribir, o que nos axudará a achegarnos aos nosos propios textos desde unha perspectiva literaria, que, en palabras de Jonathan Franzen, concibe a escritura como unha “loita persoal, un compromiso directo e absoluto co relato que o autor fai da súa propia existencia”.
Fernando Ontañón
Para descargar o formulario de inscrición, prema aquí
Fernando Ontañón
Escritor e redactor independente. Colaborador habitual en prensa, é autor do libro Relatos invisibles (Carena, 2010) e das novelas El periodista despedido (Ézaro, 2014) coa que obtivo o X Premio de Novela Corta Dulce Chacón, El orden invisible de las cosas (Ézaro, 2016), Mi vida en otra parte (Bala Perdida, 2019), Emboscados (Bala Perdida, 2022) e Los sueños heroicos (Bala Perdida, 2024).