Dúas escritoras, unha época Ana María Matute, Carmen Martín Gaite

/
Coordinación Javier Pintor

Ana María Matute e Carmen Martín Gaite naceron o mesmo ano, 1925. A primeira en Barcelona e a segunda en Salamanca. Este ano cumpriuse o centenario do seu nacemento o que propiciou que se reeditaran moitos dos seus libros, se organizaran exposicións e se publicara algún que outro ensaio sobre a súa obra. Este obradoiro quere renderlle homenaxe a dúas das escritoras máis significativas das nosas letras. As dúas foron figuras chave da literatura española do século XX e ambas desenvolveron a súa carreira en plena dictadura. Tiñan cincuenta anos cando morreu o dictador pero é a liberdade creativa o que define a literatura destas dúas grandes escritoras.

Javier Pintor

Para descargar o formulario de inscrición, prema aquí

Javier Pintor

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor de língua e literatura española de educación secundaria e na actualidade traballa como asesor de formación de profesores. Desde fai varios anos compatibiliza o seu traballo formador coa impartición de cursos e conferencias, a dirección de obradoiros de lectura e a organización e promoción de eventos de ámbito cultural. Realiza recensións de libros e coordinou diferentes revistas de ámbito educativo.

Actividades actuais

Clásicos do século XXI
Obradoiro de literatura
/
Actividade