Do conto longo á novela curta Obradoiro de escritura

/
Coordinación Fernando Ontañón

Chegou o momento de afianzarnos na rutina da escritura e tentar acadar novas metas. Que debemos saber e que podemos facer para dar o salto do pequeno relato a textos de maior extensión? No obradoiro repasaremos técnicas narrativas e exploraremos todas as posibilidades que nos ofrece a literatura para crear unha historia propia e levala máis aló do que fixeramos ata o de agora: o narrador, o punto de vista, a estrutura, a continuidade narrativa, o ritmo, o estilo… e, sobre todo, a paixón pola lectura e o oficio de escribir.

Este trimestre, guiarannos as palabras dunha fabulosa escritora: Ali Smith, coa súa novela: Chica conoce chico (Nórdica, 2022).

Fernando Ontañón

Folla_inscrición.pdf

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Lugares de novela. Paul Auster
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Tempo de escritura
Obradoiro de escritura
/
Actividade