De aquí á eternidade: os libros inmortais

/
Coordinación Javier Pintor

A lectura reiterada e devota de determinados textos e autores ao longo da historia chegounos a converter en clásicos da literatura. A admiración destas obras por lectores de moi distintas xeracións situounas no canon supremo por encima da língua, época e nación en que foron escritas.

Un libro clásico é un texto enormemente evocador que nos convida a contínuas relecturas. No seu ensaio Por qué ler aos clásicos, Italo Calvino afirma que “Un clásico é un libro que nunca termina de dicir o que ten que dicir”. E este é un dos atractivos e elementos máis definitorios destes textos, a súa inagotable capacidade de suxerir novas interpretacións, moitas delas acordes cos tempos da lectura.

Á beira de tantos textos que poden resultar amenos, inxeniosos ou mesmo eruditos pero que non resisten en moitas ocasión máis dunha lectura, os textos clásicos caracterízanse por admitir infinidade de lecturas. En palabras de Carlos García Gual, poderíamos calificar aos libros clásicos como “a literatura permanente” en contraste con outros textos que están ao servizo da actualidade máis candente.

O canon dos clásicos variou co tempo xa que cada época ten os seus e incorpora os das súas xeracións próximas. Estes textos están avalados pola crítica, pero tamén polos lectores. Á marxe da selección académica hai outra que resulta máis persoal e moi subxectiva que é a que fai cada lector. En palabras de Italo Calvino, son os que cada persoa selecciona con paixón como “os seus clásicos”, aqueles que un considera compañeiros inseparables. A lista de libros seleccionada para este obradoiro responde a este criterio. Estes libros son os meus clásicos, aqueles que contribuíron á miña formación intelectual e estética e cuxa lectura supúxome un inmenso pracer.

Este obradoiro intentará que non se cumpra aquela frase de Mark Twain que dicía que “un clásico é algo que todo o mundo quería ter lido e ninguén quere ler”. Ler estes textos achegaranos á mellor literatura e con ela poderemos entender mellor o mundo e a nós mesmos intentando así aunar emoción, coñecemento e diversión.

Javier Pintor

Folla_inscrición.pdf

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Relatos con voz propia
Obradoiro de escritura
/
Actividade