Italo Calvino sostía que un clásico é un libro que nunca termina de dicir o que ten que dicir. Este é un dos atractivos destes textos, xunto coa súa capacidade de ofrecer novas interpretacións. O canon dos clásicos variou co tempo, xa que cada época ten os seus. Á marxe da selección académica hai outra, persoal e subxectiva, que é a que fai cada lector. A selección de libros deste obradoiro responde a este criterio. Son os meus clásicos, obras escritas por mulleres que contribuíron á miña formación e cuxa lectura supuxo para mín un inmeso placer. Segundo Mark Twain “un clásico é un libro que todos gaban e ningúen le”. Esta afirmación non se cumprirá neste obradoiro, xa que imos ler e comentar algunhas das obras máis representativas da literatura escritas por mulleres, xuntando emoción, coñecemento e lecer.
Javier Pintor
Para descargar o formulário de inscrición, premer aquí
[AVISO: as prazas da quenda dos martes están esgotadas]