A segunda edicion do ciclo Creación e territorios, o espazo de investigación e divulgación sobre a creación, as súas dinámicas e as súas complexidades de interrelación dirixido polo crítico, docente e investigador Alberto Carton, regresa este ano á Fundación Luis Seoane con seis conferencias que se desenvolverán entre os meses de outubro de 2021 e abril de 2022.
Nesta ocasión, o ciclo contará coa participación do escritor Daniel Buján, o profesor da USC e especialista en estética da paisaxe Federico L. Silvestre, a artista visual e fotógrafa Carma Casulá, o comisario de exposicións Juan Guardiola, a historiadora da arte Carmen Pena e a arquitecta Luz Paz Agras, que realizarán unha serie de intervencións nas que se abordarán diferentes cuestións como a importancia da xilografía na obra de Luis Seoane, a fotografía de paisaxes, a relación entre creación e territorio e a proliferación de laboratorios creativos na Europa da segunda metade do século XX como o Laboratorio de Formas, entre outros temas. As conferencias, que se desenvolverán no salón de actos, poderán seguirse simultáneamente a través da páxina de Facebook da Fundación Luis Seoane.
O acceso é libre ata completar capacidade.