Concibido como un espazo de investigación e divulgación sobre a creación, a súas dinámicas e as súas complexidades de interrelación, o proxecto Creación e territorios aborda as relacións entre arte e sociedade, arte e paisaxe, arte e sutentabilidade, e a percepción da creación desde a vulnerabilidade do medio humano (demográfico, económico, xeográfico, histórico e económico).
Alberto Carton (A Coruña, 1968) dirixe este proxecto que se desenvolverá entre os meses de outubro e decembro na Fundación Luis Seoane, no que nove especialistas impartirán un total de sete conferencias/coloquios agrupados en tres ciclos diferentes: os territorios, alén das súas naturezas xeográficas, sociais, e das súas dinámicas nas súas actualizacións humanas, físicas, artísticas e conceptuais; as novas aportacións á obra plástica de Luis Seoane a ambos lados do Atlántico, con especial atención a Galicia; e o ecofeminismo, tanto nas súas vertentes culturais como no seu activismo sociolóxico e de constante imprimación comunitaria e relacional.
Próxima intervención:
Venres 5 de febreiro, 20:00 horas
Chiara Sgaramella: Crono-resistencias. As dimensións do tempo na arte de enfoque ecosocial (1969-2020). Retransmisión en streaming a través da páxina de Facebook da Fundación Luis Seoane facebook.com/fundluisseoane