Con motivo da celebración da exposición Correa Corredoira. Os días pintados, a primeira retrospectiva da obra pictórica de Xabier Correa Corredoira (A Coruña, 1952), a Fundación Luis Seoane organizou unha serie de mesas redondas nas que o pintor, xunto cun grupo de especialistas pertencentes ao mundo da arte e da cultura, debatirán acerca de cuestións relativas á estética, a poesía, o feito pictórico, e os aspectos fundamentais que rodearon o desenvolvemento do tecido artístico e cultural en Galicia e, máis concretamente, na Coruña nas últimas décadas. Artistas como Xoti de Luis, Ánxel Huete, Berta Cáccamo, Jaime Tenreiro, Fernando Blanco, Manolo Moldes e Vari Caramés; os galeristas Asunta Rodríguez e Xesús Montero; escritores como Manuel Rivas, Miguel Anxo Fernán Vello e Xavier Seoane, e outros nomes destacados como o xornalista Xosé Manuel Pereiro, a crítica de arte e artista plástica Anxeles Penas, o historiador Xurxo Taxes, o actor e director teatral Lino Braxe, e o coleccionista Román Pereiro, ademais do propio Correa Corredoira, ofrecerán durante estes cinco encontros abertos ao público e moderados polo artista e profesor Juan Martínez de la Colina, a oportunidade de adentrarse na obra dun artista fundamental para comprender o desenvolvemento da arte en Galicia a partir do último tercio do século XX a través das circunstancias históricas, culturais e artísticas que deron forma ao seu universo creativo.
Todas as mesas redondas comezarán ás 19:30 horas. A entrada é libre ata completar capacidade.
Calendario
16 de febreiro
La Galga. Reflexións arredor da arte da transición na Coruña
Xavier Seoane
Xurxo Taxes
Manolo Rivas
Xoti de Luis
2 de marzo
Atlántica. A resposta de Galicia cara ao mundo
Anxel Huete
Román Pereiro
Asunta Rodríguez
9 de marzo
Días pintados, tempos de escrita
Miguel Anxo Fernán Vello
Lino Braxe
Ánxeles Penas
16 de marzo
O pracer da pintura
Berta Cáccamo
Jaime Tenreiro
Fernando Blanco
Manolo Moldes
23 de marzo
A Coruña cidade da arte
Xesús Montero
Vari Caramés
Xosé Manuel Pereiro